Curtas. Cazando Tesouros 2 - GIFF Oficial 2025
Un evento de tipo Evento

No ano 2023, celebramos por primeira vez en Santiago un evento especial, con motivo do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching. Este ano xa é a 2ª edición do Festival Internacional de Curtas de Geocaching que chega con unha selección de curtametraxes realizadas por geocachers de todo o mundo.

Grazas á colaboración desinteresada da Asociación Cultural Colectivo A Rula, dispoñemos dun espazo sinxelo pero axeitado para gozar dunha hora vendo as curtas finalistas deste ano, que destacaron pola súa creatividade, calidade de produción, contido e contribución á comunidade, TFTC: Grazas pola comunidade!
Na sede do Colectivo A Rula

Centos de cineastas de todo o mundo presentaron os seus vídeos aos festivais de cine de Geocaching desde hai máis de 10 anos. Vimos efectos especiais, edición experta e unha execución creativa incrible.
Lista de finalistas:
- Never a Straight Path – Justcarlo
- 2000 – Ipoded
- The Inheritance – Maxagri60 team
- The Best Finds Are Other Geocachers – Owlfly
- Hard Work – Harogs team
- If You Hide It… – Team Vlogger aka geocachingvlogger and Seemyshell
- Dogeza – _nokos_ team
- Tree-m Work – GeoBeeps
- The Island – Blackcoconut
- Flavors of Stealth – CheekyBrit team
- Return of the Cache Napper Trailer – ZippyZipperZoo team
- David CachinBro – First Lamp Post – DNF Hound
- Here’s My Card – Ptowngirl229
- The BisonBuddy5000 – Skimbosh
- Geocaching is a Journey – Defoz
- Little Apple Tree – Rassis on tour
- Gadget Cacher – PezGremlin team
- Super Cache Maintainer – Team Kuropi
- Orthoceras – Breizh Geocacheurs team
- GIFF Planning – Barucci
A continuación, podes ver unha selección das mellores curtas de edicións anteriores, desde 2013 a 2019, Best of: GIFF
Tamén está dispoñible unha recompilación completa de "O mellor de: GIFF" de cada ano, incluíndo mencións honoríficas e gañadores, tes todos os filmes finalistas anteriores do GIFF en Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching
Compostela celebra o mellor do cine e a cultura audiovisual
Compostela leva moitos anos ofrecendo cine e curtametraxes, entre os máis destacados están os seguintes festivais:
O Festival Cineuropa, na súa 39ª edición, é unha cita cinéfila peculiar que vén celebrándose en Compostela desde 1988. Ao longo do mes de novembro, ofrécese unha selección das mellores películas da tempada, que van dende as premiadas en Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o cine alternativo de menor recoñecemento. O festival reúne figuras destacadas, novos directores, películas documentais e proxeccións de copias especialmente restauradas para este evento non competitivo. Este festival caracterizase polo seu enfoque no desfrute do espectador e a súa independencia de intereses económicos.
Doutra banda, o Curtocircuíto, chega á súa 22ª edición, que se celebra entre o 7 e 23 de novembro. Foi fundado en 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de promover a creación cinematográfica e audiovisual. Vinte dúas edicións despois, o Curtocircuíto consolidouse como un festival destacado a nivel estatal, colaborando estreitamente con outros festivais da contorna e de Europa.
O Festival Internacional de Cine Euro-Árabe AMAL, na súa 23ª edición, celébrase en Compostela dende 2003. O seu obxectivo principal é dar a coñecer a situación actual do audiovisual árabe e servir como punto de partida para descubrir este rico mundo que, aínda hoxe, segue sendo descoñecido en España. As súas proxeccións xeran un amplo abano de cuestións de interese sobre o mundo árabe.
A MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), na súa 20ª edición, dedícase a dar a coñecer traballos audiovisuais recentes no ámbito da etnografía e da antropoloxía visual.